A rede é un ámbito no que cómpre estar, sexa cal sexa o teu negocio. É un soporte tan versátil que moitas veces nos custa distinguir os seus usos e utilidades. Un sitio web ten, sobre todo, que achegar os teus produtos e servizos sen complicarlle a vida aos teus clientes, sexan potenciais ou consolidados. Asesorarse ben á hora de arrancar co proxecto web é imprescindible para non perderse no ciberespazo.
Traslada a internet a imaxe da túa empresa ou negocio cun sitio orixinal, limpo, claro e usable que facilite o acceso á información e transmita ao visitante os teus valores e obxectivos, así como a diferenciación dos teus produtos ou servizos, desde o deseño dun sitio corporativo a unha tenda en liña.
Estes son algúns exemplos desenvolvidos ou participados por nós:
– pcdominguez.com
– cortinas-barastas.es
– comercialsantas.com
– puntogue.com
– adelolo.com