Punto G • Servizos Creativos é o estudo de Xurxo Bértola, profesional con décadas de experiencia en grafismo editorial, corporativo e publicitario. Comeza no mundo editorial da man de Sotelo Blanco Edicións en 1988 despois de licenciarse en Filosofía pola USC. Tras esta primeira experiencia no sector, decántase polo deseño gráfico e comeza a traballar en 1990 nun gabinete de Barcelona no que se centrará no deseño e produción de publicacións corporativas.
Somos especialistas en edición, grafismo e imaxe dixital.
En 1992 comeza a colaborar cun grupo editorial internacional con sede en Sant Cugat del Vallés onde se especializa no tratamento dixital da imaxe. Desempeña o labor de desenvolvemento e dirección de calidade das publicacións. Tras quince anos nesta compañía, e despois de ter retomado a colaboración con Sotelo Blanco Edicións, regresa a Galicia en 2006 onde finalmente se establece como profesional independente desde 2008.
No eido da comunicación colabora desde 1997 a 2006 co xornal electrónico Vieiros, do cal foi correspondente en Barcelona e xestor da edición local durante unha década. Vieiros foi o primeiro xornal electrónico en galego e unha referencia dos medios de comunicación dixitais en Galicia na primeira década deste século.
Confíanos a túa imaxe e a túa visibilización comercial e verás a diferenza.
Colabora tamén con Planeta de Agostini nas traducións ao galego das coleccións de DVDs que esta editora produce sobre o Patrimonio da Humanidade da UNESCO.